A Balea Xibardo.
Gústanme os animais, os perros, os monos, as baleas, os
coellos, os peixes… Durante o bo tempo este gran viaxeiro vive nas zonas polares, (Norte, ou Sur)
onde se alimenta de krill e tamén de peixes, que filtra axudado das súas
barbas. No inverno a balea xibardo migra cara ós trópicos para reproducirse en
augas quentes. Durante a viaxe migratoria, que dura aproximadamente 8 meses,
case non se alimenta, o que fai que perda un 50% do seu peso. Durante este
período, pode percorrer 8.000 km! Así que é o mamífero que realiza as máis
grandes viaxes migratorias, a pesar do seu peso, este cetáceo é moi áxil, pode
saltar fora da auga e executar acrobacias golpeándoa coas súas aletas e a súa
cola. A gran bolsa das súas costas, forma unha curvatura peculiar cando se
mergulla. Esta balea é coñecida polos seus cantos melodiosos e complexos que se
poden escoitar a máis de 180 km. Na época de celo, o macho entoa os seus cantos
cunha duración de 20 minutos cada un, con variacións irrecoñecibles a berros
penetrantes e gruñidos. A balea emite tamén uns sons (infrasóns) que o oído
humano é incapaz de percibir. A balea xibardo é o animal que ten a linguaxe
máis complexa de todo o mundo. É capaz de emitir máis de 1.000 sons diferentes
nas súas longas cancións de amor. E así remata a descripción dun dos meus
animais favoritos... Cal é o teu?
Encantaríame
que deixedes o voso comentario sobre esta entrada, unha forte aperta da vosa
compañeira.
ANA RODRÍGUEZ 6ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario