martes, 22 de mayo de 2012

Os números e os seus ángulos





Os números que todos utilizamos (1,2,3..) son chamados números arábicos, para diferencialos dos números romanos (I,X,V…).
A súa orixe:


Estes números foron creados polos hindús, adaptados despois polos árabes  cando comerciaban cos fenicios, os usaban para contar e levar a cantidade comercial , fai moitísimo tempo.


Que significan:
Pero  pensaches algunha vez por que 1 significa un, 2 significa dous, 3 significa tres … ?
Os números romanos son fáciles de comprender.. , pero cal é a lóxica dos números arábicos?


Pois moi simple, trátase dos seus ángulos, se escribes un números en forma antiga verase que:
-O número 1 ten un ángulo
-2 ten dous ángulos
- 3 ten tres ángulos
-4 catro ángulos
-5 cinco ángulos
-6 seis ángulos
-7 sete ángulos
-8 oito ángulos
- 9 nove ángulos
-Incluso ata o cero non ten ningún ángulo.


Na imaxe de arriba podes ver como eran os números e tamén vense sinalados os seus ángulos, espero que vos gustase, que vos parecese tan curioso como a min e que aprendérades algo novo, saúdos.
                                                                             Noemi Porto Mayán

No hay comentarios:

Publicar un comentario