Ola! Somos Nacho Doce Bedolla, Alba
Fornos Fernández, Noemí Porto Mayán, e Ana Yuhuan Rodríguez López. Imos no
curso de 6ºA , e temos entre 11 e 12 anos. Estamos facendo
este blog porque é un traballo da asinatura de lingua galega; e eliximos este
tema, de curiosidades, porque nos parece moi interesante descubrir algunhas
curiosidades que se atopan polo noso mundo. Neste blog encontrarás todo tipo de
temas moi curiosos. Na páxina principal poderás atopar as entradas, que as
iremos redactando cada 2 ou 3 días a semana, e irán acompañadas por un vídeo ou
por unha fotografía. Ao mellor, faremos un concurso á imaxe máis curiosa; se
queredes participar teredes que enviala ao seguinte correo: michonaba@hotmail.com Na parte da dereita poderás atopar vídeos, os
blogs dos nosos compañeiros, a páxina
web do colexio, outros blogs curiosos...ademais diso poderás encontrar gadgets,
como, por exemplo: o contador de visitas, o mapa do mundo, a hora e o mes, e
iremos cambiando distintos xogos para
que vos os podades divertir. A nosa única meta é intentar ir actualizando este
blog ata que remate este curso, e, se vos facedes que teña algo de éxito,
continuaremos redactando as nosas entradas. Esperamos que vos vaia gustando e
que á vez, poidades ir aprendendo, e tamén agardamos que comentedes ou nos
enviedes algunhas ideas.
Unha aperta de Nacho,
Alba, Noemi, e Ana.
De Ana e Noemi
De Ana e Noemi
Ben feito! Agora continuade e a ver se facedes un blog espectacular. Saúdos do profesor.
ResponderEliminarMoitas grazas Emilio, seguiremos facendo o noso blog o máis espectacular posible. Saúdos
ResponderEliminar